Nesta ocasión levamos á portada os 15 candidatos que se presentan ás eleccións municipais do 26 de maio en Ourense. A todos eles os entrevistamos.
Así, foron entrevistados: Benito Iglesias, de Adelante Ourense (AO); Luis Seara, do Bloque Nacionalista Galego (BNG); Pepe Araújo, de Ciudadanos (Cs) Tino Iglesias, de Compromiso por Galicia (CxG); Gonzálo Jácome, de Democracia Ourensana; Óscar Pérez, de Espazo Común (EsCo); Martiño X. Vázquez; de Ourense en Común (OUeC); Etelvino Blanco, de Ourense Mellor (OuM); Senén Rodríguez, de Proyecto Liberal Español (PLIE); David Alvarado, de Unidas Podemos (UP); Jesús Vázquez, de Partido Popular (PP); Rafael Villarino, de Partido Socialista Obrero Español (PSOE); Rafael Fernández, de Por un Mundo Más Justo (PUM+J); María Jesús Fernández, de VOX; e Jorge Bermello, de Vivir Ourense (VOU).
Como a cidade actualmente, o maior problema de Ourense, e a medida estrela, son algunhas das preguntas que tiveron que responder os candidatos. Un bo momento para ler con atención as propostas e tomar unha decisión de cara que gobernará no Concello de Ourense durante os vindeiros catro anos.
En deportes, o Club Ourense Baloncesto xogará a final a catro da LEB Ouro para coñecer que será o vindeiro equipo de ACB. O sábado día 1 de xuño enfróntase ao Palma. En caso de vitoria, a final sería ao día seguinte -2 de xuño- contra o gañador do Bilbao – Melilla. A sede desta fase final é Bilbao.
A Terceira división de futbol rematou e os catro equipos ourensáns manteñen a categoría. Ningún deles xogará a promoción de ascenso. O Cidade das Burgas (de Segunda división de fútbol sala) disputará promoción de ascenso á Primeira división; o seu rival será o La Concordia de Cataluña. A ida será nos Remedios o día 1 ou 2 de xuño e a volta o 8 ou 9 do mesmo mes.
Artigos, clasificados, ocio e cultura e máis no número 96 de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha