Entrevista a Rafael Fernández, candidato por Por un Mundo Más Justo.

“Elaboraremos un Plan Municipal coas distintas entidades sociais”

PARTIDO POLITICO VOU VIVIR OURENSE EN OURENSE PRESENTACION DEL PARTIDO JORGE BERMELLO ARCE

PARTIDO ADELANTE DE OURENSE BENITO IGLESIAS PADRON DE ASOCIACION DE INMOBILIARIAS ADEIDO Y FEDERACION DE EMPRESAS INMOBILIARIAS FEGEIN

PARTIDO CIUDADANOS DE OURENSE JOSE ARAUJO FERNANDEZ ELECCIONES MUNICIPALES MAYO 2019

PARTIDO COMPROMISO POR GALICIA EN OURENSE CONSTANTINO TINO IGLESIAS FERNANDEZ CANDIDATO A LA ALCADIA DE OURENSE Y COCINERO

PARTIDO DEMOCRACIA OURENSANA DE OURENSE GONZALO PEREZ JACOME

PARTIDO PLATAFORMA CIUDADANA CIDADA OURENSE MELLOR DE OURENSE ETELVINO BLANCO RODRIGUEZ

PARTIDO UNIDAS PODEMOS DE OURENSE ( IZQUIERDA ESQUERDA UNIDA ) DAVID MANUEL ALVARADO ROALES ( ELECCIONES MUNICIPALES MAYO 2019 )

CONCELLO DE OURENSE JESUS VAZQUEZ ABAD ALCALDE DE OURENSE DEL PARTIDO POPULAR

Como definiría a situación actual de Ourense?
Rafael Fernández: “De total abandono. Somos a gran esquecida de todas as administracións, sen investimentos reais, sen ideas, onde só chegan as migallas.
E cun Concello paralizado, con todos os seus servizos en precario, e que non é capaz de presentar un proxecto de desenvolvementob a cidade pactado coas entidades sociais e políticas”.

Cal é o principal problema?
R.F.: “Faltan persoas nas institucións que sexan capaces de abordar a situación na que se atopa a cidade, sentarse a dialogar por enriba dos intereses de partido, chegar a acordos e levalos a cabo. Despois, podemos dicir ao que nos levou isto: o avellentamento, a nosa mocidade ten que irse pola falla de oportunidades, de traballo e industria”.

Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo?
R.F.: “Non existen medidas estrelas, xa que cremos que na situación actual do Concello, todas as medidas son necesarias e importantes para sacar a Ourense do vagón de cola. Se tivesemos que nomear só unha, sería encamiñada á elaboración conxuntamente coas distintas entidades sociais dun Plan Municipal para o desenvolvemento da cidade, fundamentalmente no plano económico. Un plan baseado no aspecto termal e turístico”.

Que propostas ten para a dinamización económica do concello?
R.F.: “Queremos apostar polo pequeno comercio, reducindo as taxas e os impostos municipais e establecer un plan sectorial a medio prazo coas distintas asociacións de comerciantes co fin de recoller e atender as propostas de mellora. Sobre todo as encamiñadas a dar vida aos nosos barrios, agora totalmente abandonados, facilitando que establezan alí os seus negocios, abaratando as taxas municipais. Colaborar coa elaboración de campañas para potenciar o uso de comercio local.
É tamén fundamental a conexión da cidade coas áreas industriais e vilas da contorna, coa posta en marcha do transporte interurbano”.

Como definiría a lista de PUM+J?
R.F.: “Un grupo de persoas responsables e ilusionadas; con ganas de traballar e aportar á sociedade. Comprometidas co benestar social dos seus veciños, sobre todos dos que máis o necesitan. Non podemos esquecer que todas elas proveñen do mundo social, asociativo, cultural, educativo e veciñal da nosa cidade”.

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos?
R.F.: “Ourense necesita de todas as ideas, é savia nova, novas ideas e novas solucións. Por iso, paréceme moi boa noticia que aparezan novas formas de pensar Ourense. Aqueles que estiveron gobernándonos, baixo unhas siglas ou outras, xa demostraron que non foron capaces de conseguir que Ourense deixe de estar á cola do benestar social, polo tanto, non poden aportar solucións os que foron parte do problema”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?
R.F.: “A democracia baséase en pactos, o que fai falla é cintura política para levalos a cabo. Todas as ideas para mellorar a vida dos ourensáns son necesarias, veñan de quen veñan. Só temos como liñas vermellas os dereitos humanos, e todos aqueles que teñan propostas centradas nas persoas, e sobre todo nas máis empobrecidas, poderán contar connosco. Pero non daremos un cheque en branco a ninguén. Por desgraza téñennos afeitos a valorar unha proposta pola cor de quen a presenta e non pola proposta en si, PUM+J non entrará nese xogo. Cremos que as persoas son as que deben estar no centro das decisións, non as siglas políticas”.