Pepe Araújo con Cs é chave no ente provincial.

Baltar podería perder a maioría absoluta na Deputación

Baltar podería perder a maioría absoluta a falta do reconto das últimas mesas.

A Deputación de Ourense está á espera de saber os resultados das últimas mesas que faltan por contabilizar e de reclamacións que tiveron lugar. A pesar de non saber o desenlace definitivo, o certo é que desde os populares case se da por feito a perda da maioría absoluta «por un cento de votos» como así o expresou o presidente da Deputación, José Manuel Baltar.

De confirmarse a perda os populares pasarían de 14 a 12 deputados (a maioría está en 13), logrando un máis que fai catro anos os socialistas (de 8 a 9). Democracia Ourensana e Bloque Nacionalista Galego manterían os dous e un deputado, respectivamente. E entraría por primeira vez Ciudadanos cun acta.

E neste último onde se aferrará Manuel Baltar para non perder o bastón de mando. A suma das dúas formacións darían a maioría absoluta para gobernar. Baltar xa fixo as súas cábalas e non descartou realizar un pacto programático con que teña cousas «en común». Tampouco descartou gobernar en minoría.

Araújo
O líder de Ciudadanos xa dixo mostrarse aberto ao diálogo para chegar a calquera acordo con calquera formación. Aínda que tamén, durante a campaña aseguro que en caso de entrar na Deputación, faría o posible para que cambien algunhas cousas.