Jácome, chave do Concello.

Os socialistas logran ser a forza máis votada na cidade de Ourense

Este domingo, 26 de maio, a xente xa votou pero aínda non se sabe que pasará no Concello de Ourense. PSOE conta con 9 edís; PP e DO, con 7; e BNG e Cs, con dous cada un.

Concello
O PSdeG-PSOE foi a forza máis votada con 14.562 votos (26,33% dos mesmos) aumentando en tres concelleiros con respecto ás eleccións de 2015. Na segunda posición quedouse o PP con 12.482 votos (22,57%) baixando de 10 a 7 edís. Un baixou DO (de 8 a 7), despois de lograr 11.913 votos (o 21,54%). Irrumpen na Casa Consistorial con dous actas cada un, Cs ao lograr 4.832 votos (8,74%) e volve a ter representación o BNG despois de sumar 3.452 votos (6,24%).

Queda sen representación Ourense en Común ao non chegar ao 5% dos votos (3,76% exactamente e 2.081 votos). A fragmentación con Podemos e Ourense Mellor foi o motivo desta debacle; entre os tres sumarían suficiente respaldo para manterse no Concello, por separado, non.

Outros partidos de nova formación tampouco lograron sacar ningún edil. VOU pasou dos 1.000 votos por pouco (1.024); EsCo, 814; VOX, 722; CxG, 198; PUM+J, 97; Adelante, 81; e PLIE, 72.

Jácome
Con este panorama, o líder de Democracia Ourense, Gonzalo Jácome, pode ser chave para a formación de Goberno para os vindeiros catro anos. A suma dos seus concelleiro coa do PSOE ou mesmo do PP darían a gobernabilidade ao partido que apoie DO.

Sen descartar nada poderían ocurrir varios escenarios, por citar algúns: goberno en minoría do PSOE con pactos puntuais; goberno do PSOE co apoio de DO; ou mesmo goberno de pacto entre Partido Popular e Democracia Ourensa.

Deputación
A Deputación de Ourense está á espera de saber os resultados das últimas mesas que faltan por contabilizar e de reclamacións que tiveron lugar. A pesar de non saber o desenlace definitivo, o certo é que desde os populares case se da por feito a perda da maioría absoluta «por un cento de votos» como así o expresou o presidente da Deputación, José Manuel Baltar.

De confirmarse a perda os populares pasarían de 14 a 12 deputados (a maioría está en 13), logrando un máis que fai catro anos os socialistas (de 8 a 9). Democracia Ourensana e Bloque Nacionalista Galego manterían os dous e un deputado, respectivamente. E entraría por primeira vez Ciudadanos cun acta.

E neste último onde se aferrará Manuel Baltar para non perder o bastón de mando. A suma das dúas formacións darían a maioría absoluta para gobernar. Baltar xa non descarta realizar un pacto programático con que teña cousas «en común». Tampouco descartou gobernar en minoría.