O sábado día 25 de maio disputouse na praia de Silgar en Sanxenxo a terceira xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas abertas.
O club ourensán do Salvour presentou a nove deportistas na devandita competición. Dos que hai que destacar a actuación Jesús Carlos Quintas Barros primeiro clasificado na proba de nadar-surf.
Ademais, a sénior Uxía García Rodríguez que debutaba neste deporte foi terceira na proba de nadar-surf por diante de Andrea Bello Armada que foi cuarta. Andrea alcanzou a terceira posición na proba do Ocean.