Xuntar persoas, integrar costumes, potenciar aquelo que nos une por enriba das diferenzas, os homes deberían acollerse uns os outros porque todos pertencemos a Terra ese fogar no que todos somos viaxeiros .E de xuntar xentes e espallar a cultura polo mundo saben moito os da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que ó longo de 25 anos levano facendo, levando a nosa e traendo a allea, con festivais e xuntanzas de todo tipo.
Este 9 de xuño -domingo- volverano a facer, organizando as “V Xornadas Interculturais” que baixo o lema “Construíndo camiños para a igualdade” onde representacións de Venezuela, Colombia, República Dominicana, Senegal, Galicia, Marrocos e Perú mostrarán o seu folclore, as costumes, gastronomía, bailes, música e moitas máis actividades que conforman un abano de luz e cor, para disfrutar dun día cheo de experiencias novas.
En palabras do director de Queixumes dos Pinos, “tratase de xuntar o mellor de todos nos e ofrecerllo a sociedade ourensán porque coñecernos fainos mellores”. Na presentación atopábase Sonia Sánchez representando a Venezuela, que comentou a alegría do pobo venezolano que se transmite no seu folclore, a pesares do difícil momento que está atravesando o país. Dende estas liñas queremos animar a todos os ourensáns e doutros lugares que se acheguen a disfrutar da gastronomía e da cultura de estos países o local de Queixumes dos Pinos na rúa da Saínza 26 este 9 de xuño, a partires das once e media da mañá e ata que o corpo aguante.