O prazo rematará o día 12 de xuño ás 24 horas.

420 prazas nas Actividades de Verán nos Centros Cívicos de Ourense

O Concello de Ourense ofrece 420 prazas nas Actividades de Verán nos Centros Cívicos para a conciliación do alumnado de Infantil e Primaria durante os meses de xullo e agosto.

Este verán, fomentarase a participación da cativada en actividades socio educativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade. A través do xogo, trátase de que coñezan a Convención de Dereitos da Infancia e de promover que se convertan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio. Todo elo, no marco das accións encamiñadas a cumprir os obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Ademais, as actividades supoñen un reforzo para que as familias concilien a súa vida laboral e familiar durante as vacacións, grazas a un horario de luns a venres, entre as 9 e as 14 horas.

Inscrición
Para inscribirse é preciso cubrir a solicitude que se activará na páxina www.ssociaiscursos.com. O prazo rematará o día 12 de xuño ás 24 horas. No caso de que algunha persoa precise de axuda coa inscrición, pode dirixirse á Oficina de Atención Cidadá ou ao Centro Cívico Colón.

As prazas se repartirán en sete grupos de 15 rapazas e rapaces e que estarán organizados por quincenas. Así, os primeiros sete grupos estarán abertos do 1 ao 15 de xullo. Os seguintes serán: do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 16 de agosto e do 19 ao 31 de agosto.

As actividades son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas o neno ou a nena deben estar empadroados no Concello de Ourense.

A admisión nas quincenas será por orde de entrada e orde de preferencia. Se a inscrición faise para máis dun centro na mesma quincena, entenderase que o centro de preferencia é o primeiro. As quincenas dos centros que non alcancen un número mínimo de solicitudes poden ser suspendidas.
No caso de que haxa prazas, os nenos e as nenas que cubran a solicitude en prazo deberán ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de poder asistir a unha segunda quincena.