A rúa do Paseo volve acoller a Milla Urbana Solidaria, que este ano chega á súa terceira edición. Concebida cun carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá a parar a Cruz Vermella Ourense (os dous primeiro anos o beneficiario foi a AECC). O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e Onda Cero organiza este evento.
Ourense Milla Solidaria 2019 desenvolverase na rúa do Paseo, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría.
A partir das 18 horas dará comezo a xornada coa disputa das categorías sub18 e sub20. Despois celebraranse as carreiras de categorías inferiores ata as 19 horas, na que terá lugar a de pitufos (sobre unha distancia de 100 metros). A partir de aí comezarán as probas absolutas sendo os máster os primeiros e competir e os sub23 e sénior, os últimos. A organización poderá modificar o horario e as series, en función do número de participantes.
Inscricións
As inscricións (carreirasgalegas.com) estarán abertas ata o 19 de xuño ás 20:30 h. Dado o carácter solidario da proba, poderase doar unha axuda para Cruz Vermella Ourense mediante o DORSAL o.