O Concello vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades de verán para escolares das bibliotecas municipais e da Aula de Natureza. Os interesados deberán anotarse na praza de San Martiño, 1º, para as actividades da aula de Oira e nas propias bibliotecas da Carballeira, San Francisco e A Ponte para as que nelas se desenvolven. O prazo de inscrición rematará o 26 de xuño e as prazas adxudicaranse por orde de presentación de solicitudes.
Horario
A programación da Aula de Natureza do río Miño está dirixida a alumnado de Educación primaria (de 6 a 12 anos) e estenderase durante os meses de xullo, agosto e ate o 6 de setembro. Os horarios son de mañá e tarde; de 10 a 13 e 17 a 19h (agás os venres pola tarde, cando pecha).
A actividade custa 10 euros por escolar e mes, e 5 euros por irmán ou irmá.
Nas bibliotecas as actividades realizaranse durante os meses de xullo e agosto, de 10.30 a 13 horas. Están dirixidas a alumnado de 4 a 10 anos e a inscrición é gratuíta.
Amencer
A Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha a campaña de verán. Este ano consta de 12 campamentos que se levarán a cabo entre mediados de xuño e agosto.
Así, as actividades son as que seguen: as mañás de verán, do 24 de xuño ao 19 de xullo con actividades para rapaces de 3 a 14 anos; dende o xoves 1 de agosto ofertarase a 32º edición do Campamento Urbano Infantil e a 22º do Campamento Urbano Xuvenil; campamento Saltimbanquis; do 28 ao 30 de xuño en Gandario (A Coruña); campamento andaina, do 7 ao 15 de xullo na Rúa; campamento ADS, do 7 ao 15 de xullo en Castrelo-Cambados; grupos xuvenís I, para rapaces de 14 a 16 anos, do 15 ao 23 de xullo en Castrelo-Cambados; grupos xuvenís II, de 16 a 18 anos, do 15 ao 23 de xullo en Foz (Lugo); grupos xuvenís III, campamento experiencial dos mozos e mozas de 18-19 anos aue se realizará do 25 ao 28 de xullo na Coruña; e grupos xuvenís post-catecumenado, para mozos e mozas de máis de 19 anos, do 25 ao 28 de xullo na Coruña.