A convocatoria está aberta ata o 21 de xuño.

Un concurso busca o doce típico

Xinzo de Limia quere contar cun doce propio. Para elo convoca a un concurso para elexir o mellor en dúas categorías: “Manteigadas Limas” ou “Barquiños Antelanos”. As receitas foron sacadas do libro de fábrica (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia) de Xinzo do século XIX. O abade Don Bernardo Antonio González, escribiu á marxe uns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecas para os días de festa ou para visitas notábeis.

Convocatoria
A Concellería de Turismo do Concello de Xinzo de Limia convoca estes premios co obxecto de que a veciñanza teña a oportunidade de elaborar, a partires das receitas do devandito abade.
O concurso terá lugar na Casa da Cultura e Xuventude e o prazo remata o 21 de xuño. Farase unha preselección o 29 de xuño e a final terá lugar o 18 de xullo coincidindo coa festividade de Santa Mariña.

Poderán participar todas as persoas, incluído profesionais, maiores de idade, empadroados en Xinzo de Limia ou que teñan a súa actividade comercial, empresarial ou laboral no concello.
Para inscribirse deberase presentar solicitudes de forma presencial na Casa da Cultura ou Biblioteca Municipal Antelana ou por correo electrónico enviando a mensaxe “Concurso doces de Xinzo – solicitude de inscrición” a casaculturadexinzodelimia@gmail.com.
O doce que resulte gañador -en cada unha das categorías- recibirá un premio de 700 euros. Os segundos clasificados, 50 euros.