O novo rexedor contou cos 7 votos do Partido Popular para erixirse alcalde.

Houbo que agardar á maioría de idade de Democracia Ourensana para ver ao seu líder, Gonzalo Pérez Jácome, como Alcalde da cidade de Ourense. A pesar de contar con 7 edís, os votos para a súa candidatura do populares fixeron posible que este fora invistido Alcalde da cidade de Ourense.

O reconto de votos tivo certo suspense cando a falta dun voto Jácome tiña 13 votos e faltaba un para darlle a maioría absoluta; o útimo foi para el, e entón resoplou e nese momento viuse como rexedor.

Tralo seu discurso os aplusos chegaron, soamente, do lados dos seus compañeiros. O seus socios de Goberno (PP) non aplaudiron e notabase nas súas caras o trago que estaban a pasar. Despois do pleno, o flamante novo Alcalde, comentaba que era un día máis, que o importante chegaba agora, e que podían darlle a noraboa ou as felicidades cando de realizado o seu programa. Deixou claro ante os medios de comunicación que no Goberno municipal entrarán edís do Partido Popular facendo así un bipartito para os vindeiros catro anos.

Reaccións
Para o líder da forza máis votada, Rafael Villarino do PSOE, este é «un dos días máis tristes da cidade». Sobre o apoio do PP dixo que votaron «rendidos ao baltarismo que pode manter todos os seus chiringuitos».

Luis Seara do BNG viu o vivido na Casa Consistorial como «o pacto da vergoña, que se reparten como se fosen cromos o Concello e a Diputación. É un pacto que denigra a política».

Pola súa banda, Pepe Araújo, de Cs, aseugrou que moitos ex compañeiros do PP «tiveron que tapar a nariz para votar» e dixo sentirse aliviado de ter abandonado o grupo popular, un partido «que non recoñezo».

Jesús Vázquez, anterior alcalde da cidade, confirmou que non ía formar parte do goberno xunto a Democracia Ourensana. Ademais deixou aberta a unha posible renuncia da súa acta.