Os dias 21, 22 e 23 de xuño celebrarase no Centro Comercial do Couto a I Edición Internacional de Arte Contemporáneo de Ourense, que contará cun amplo abano de artistas entre os que destacan nomes como: Juan José Garcia e Pablo Molinero que amosarán unha replica do “Manuscrito de Voynech” e o seu misterio, Alvaro Delgado que exporá a súa obra “O Circo”, dende Amsterdan co director Antoni Pena contaremos coa obra “Le Petit Atelier” con obras de Rosa Serra, Ángel Burbano, Pilar Segarra, Antonio Navas, Juan Luis Jardi o Ernesto Knor entre outros.
No eido literario, e por primeira vez en Ourense, o escritor Ulíses Bertolo, presentará a súa última novela “Ortodoxia”.
Mención aparte merece a aportación do artista ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que en exclusiva porá o dispor dos visitantes a súa última serie de creacións en técnica mixta, firmadas e numeradas.
Esta serie consta de máis de 50 pezas, algunhas forman parte xa dos libros: “O Segredo do Castro de Doade”, “O Gran libro da malla”, “O museo Casa do Patrón”, “Luz, un camiño truncado” e do derradeiro éxito da editorial A Formiga Rabicha que preside o propio pintor “As Andrómenas e Outros Contos” de Avelino Jácome e Manuel Blanco libro que tamén se poderá adquirir na mostra a precio especial.
As reproducións impresas en alta calidade en tamaño 210 x 297 mm a todo color custarán 10 euros, un precio simbólico, para premiar a aqueles amantes da arte que se acheguen ao Centro Comercial do Couto.