Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 99

Neste número a portada trae a Gonzalo Pérez Jácome co bastón de mando do Concello de Ourense. O líder de Democracia Ourensana logra, 18 anos despois da creación da formación o que ansíaba desde o principio: ser alcalde de Ourense; non te perdas a entrevista. Ademais, Gerardo Seoane (PSOE) repite como alcalde de Verín.

Continuando coas novas máis destacadas entrevistamos a María Tabarés, presidenta de Cáritas Ourense. E en deportes falamos do 48º Trofeo Pedro Escudero de natación. As Festas de Ourense terán lugar do 22 ao 30 de xuño e abren co grupo Viva Suecia que actuará na praza Maior este sábado. Antes o pregón correrá a cargo da actriz ourensá Ledicia Sola.

A provincia conta con 368 casos activos de violencia de xénero; ningún considerado de risco extremo. A Xunta de Galicia impulsará a instalación de baños adaptados para persoas ostomizadas en servizos autonómicos da provincia de Ourense.

En Verín, luz verde para a creación dunha ponte en Queizás para retirar o tráfico pesado do centro. Alcohólicos Anónimos de Ourense informou ao alumnado dos institutos de Verín sobre os perigos do abuso do alcohol. A Xunta recupera terras en Cualedro para pastoreo; busca acadar as 220 hectáreas. Seis adegas da DO Monterrei participaron nas oitavas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei.

A III Milla solidaria de Ourense celébrase este sábado, 22 de xuño, na rúa do Paseo de Ourense. Do 1 ao 19 de xullo regresa a Ourense un dos eventos deportivos máis demandados pola cidadanía. Trátase do “Taichi na rúa”.
Terá lugar, coma sempre, no xardín do Posío, de 8 a 9 da mañá de luns a venres. A piscina Rosario dueñas acolle esta fin de semana acolle o Campionato de Galicia de natación artística.

Artigos, clasificados, ocio e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha