O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade.
En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol sala, baloncesto, ximnasia deportiva, natación, piragüismo ou escalada.
O CMD busca, como fin de tempada e coincidindo coa semana grande de festas, poñer de manifesto a grande vitalidade da que goza o deporte na nosa cidade. Estes actos, promovidos ben de xeito directo, ben a través do tecido asociativo, procuran reforzar na nosa cidade a oferta deportiva que enche as nosas instalacións e rúas durante todo o ano.
Son máis de trinta eventos dirixidos a que os seguidores do deporte e calquera persoa goce movéndose como outro xeito de festexar a semana grande de festas, e perseguen o obxectivo de que o deporte e a actividade física sexan fontes de saúde e parte indispensable na vida dos nosos veciños.
Actividades
[Sábado, 22 de xuño]
– Campionato Galego De Kickboxing.
Anexo dos Remedios, de 15:00 a 23:30 horas
– XVIII Campionato Internacional Wushu – Cidade De Ourense.
Cancha Central. De 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
– Campionato Galego de Verán de Sincronizada.
Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.
– Clinic Porteiros de Hóquei CH. Albor.
Campo de Mariñamansa. De 10:00 a 20:00 horas
– Memorial Secundino Basalo.
Campo Míguel Ángel, Os Remedios. 10:00 a 21:00 horas.
– Circuíto «Vaia, Vaia» de Volei Praia, Peque Volei E Cachibol.
Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 21:00 horas
– Campionato Galego De Kung Fu por equipos.
Polideportivo Oira. De 9:30 a 13:30 horas.
– Trofeo Corpus de Chave.
Alameda, ás16:30 horas.
– Xornadas Internacionais de Xadrez Iván Salgado.
Varias sedes. De 11:30 a 13:30 e de 19:00 a 22:00 horas.
– Milla Solidaria.
Rúa do Paseo. De 18:00 a 20:00 horas
[Domingo, 23 de xuño]
– XVIII Campionato Internacional Wushu – Cidade De Ourense.
Cancha Central dos Remedios. De 9:30 a 14:00 horas.
– Campionato Galego de Verán de Sincronizada.
Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.
– Festa Fin de tempada CH. Albor.
Campo de Mariñamansa. De 11:00 a 19:00 horas.
– Xornadas Internacionais de Xadrez Iván Salgado.
Varias Sedes. De 11:00 a 14:00 horas.
– Circuíto «Vaia, Vaia» de Volei Praia, Peque Volei e Cachibol.
Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 21:00 horas.
[Do luns 24 ao venres 28 de xuño]
– Campus Fútbol Sala: Sala Ourense-Envialia.
Pavillón Anexo. De 9:00 a 15:00 horas.
– Campus Fútbol Sala: Sala Ourense-Envialia.
Cancha Central. De 9:00 a 15:00 horas.
– Campus Fundación R.C. Celta-Pabellón C.F.
Campo Miguel Ángel dos Remedios. De 10:00 a 14:00 horas.
– 7ª edición do Campus de Verán de Hóquei CH. Albor.
Campo de Mariñamansa. De 9:00 a 14:00 horas.
– Campus de Baloncesto de Base – ABO.
Polideportivo Otero Pedraio. De 10:00 a 13:30 horas.
– Campus De Fútbol Ourense CF.
Campo Miguel Ángel dos Remedios.
– Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.
Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.
[Sábado 29 de xuño]
– 7ª edición do Campus de Verán de Hóquei Ch Albor.
Campo de Mariñamansa. De 9:00 a 18:00 horas.
– Campionato Galego de Natación Alevín.
Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.
– Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.
Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.
– 51 Descenso do Miño.
Desde Os Peares até Barra de Miño. Desde as 16:30 horas.
– XIV Torneo de Vólei Praia.
Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 20:00 horas.
[Domingo, 30 de xuño]
– Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.
Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.
– Campionato Galego de Natación Alevín.
Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.
– XIV Torneo de Vólei Praia.
Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 20:00 horas.
– III Trofeo Corpus Escalada Cidade de Ourense.
Cancha Central. De 10:00 a 20:00 horas.