O pasado sábado día 22 de xuño, disputouse o Campionato de Galicia de kungfu moderno 2019 por equipos, no complexo deportivo de Oira de Ourense. O evento foi organizado polo Club Artai e a Federación Galega de kungfu.
O torneo reuniu a preto dun centenar de competidores de kungfu de toda Galicia.
Cada equipo estaba formado por un número de entre tres e cinco rapaces, e realizaron dúas probas puntuables (formas sincronizadas e combates preparados).
A competición estaba dividida en categorías de idade: pre benjamín, benjamín, infantil, cadete e xuvenil.
Artai
En canto á participación do club anfitrión, o Artai, este logrou colarse en cinco podios. En prebenxamíns, o club ourensán logrou subir con Izan Campos, Adelaida Gómez, Antón Rodicio e Brais Rodríguez, ser segundo; e co equipo formado por Adrián Giráldez, Nicolás de Sas e Erick Méndez, ocupar a terceira praza.
O equipo integrado por Lucas Soto, Luis Piñeiro e Adrián González foi terceiro en categoría benxamín.
E en xuvenís dous equipos subiron ao podio. A medalla de prata foi para o formador por Jacobo Rodríguez, Lorena González e Andrea Álvarez. O bronce foi para Pablo Valado, Duna Fernández e Martín Fernández.