A milla solidaria chegou este ano á súa terceira edición. Da man de Onda Cero e Club Deportivo Aurum organizouse un evento no que o recadado foi para Cruz Vermella -arredor de 500 euros-. Foron preto dun cento os atletas participantes de todas as categorías. Os máis cativos realizaron unha distancia acorde á súa idade, sendo os de sub16 en adiante os que realizaron a coñecida distancia británica da milla (1.609,34 metros).
En categoría absoluta o máis rápido foi Alberto Asensio Campazas (Adas Proinor) cun tempo de 5 minutos e 17 segundos. En segunda posición entraría Miguel Anxo Rodríguez (CD Aurum) a dous segundos (5:19 minutos) e terceiro, o atleta do Fisiorama, Juanma Oliveira De Alba con 5:21 minutos.
En mulleres, Luz María Domínguez (Burgas Orense) foi a máis rápida cun tempo de 7 minutos e 6 segundos. Completaron o podio Whitney Rodríguez (Ourense Atletismo) con 7:28 e a súa compañeira de club Cristina García Colomo (8:01).