Boa colleita dos atletas ourensáns no Campionato de España de atletismo máster. Catro deportistas ourensáns lograron un total de sete medallas (catro ouros e tres pratas).
Emilia Mesa logrou colgarse o ouro en tres ocasións: peso, disco e xavelina (F65). Tamén lograba ser campioa de España Luz María Domínguez (F55) en 400 lisos; Domínguez, ademais sería subcampiona en 800 metros. Suma así a súa quinta medalla nacional nesta tempada tralas tres logradas no nacional de pista cuberta celebrado en Ourense o pasado mes de marzo.
Pola súa banda, Domingo Álvarez lograba o subcampionato dos 800 lisos (M60) nunha carreira que liderou desde o inicio, sendo superado nos metros finais. Satisfacción do atleta do Burgas que sumou dous cuartos postos en 400 e 1500. E Javier Viteri foi prata en xavelina (M55).