Pouco a pouco todas as corporacións municipais estanse a constituir para os mandatos que irán de 2019 a 2023. Na portada sacamos unha foto do novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, á que titulamos: Comeza a era Jácome.
E como vai de corporacións entrevistamos aos novos alcaldes de Celanova e Xinzo de Limia, Antonio Puga e Elvira Lama, respectivamente. Tamén sacamos en portada ao adestrador do COB, Gonzalo García de Vitoria, a quen entrevistamos, en páxinas deportivas, trala súa renovación.
A segunda parte do pacto PP-DO sélase na Deputación de Ourense, despois de que DO apoiara a investidura de Manuel Baltar. Estes dous mesmos partidos crean a comisión de seguimento do pacto.
Jácome reúnese cos arquitectos, para axilizar as licenzas e mellorar as marxes do Miño. O CHUOU contará cun novo edificio e remodelarase o materno infantil. O río Barbaña precisa 24 millóns para a súa depuración e saneamento. Desde ProCAP volven a querer saber en que punto está a creación do Centro para discapacitados maiores de 21 anos.
O Concello de Barbadás humaniza a praza San Xoán en Sobrado. Valcárcel continuará na Alcaldía catro anos máis, esta vez en minoría.
A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, retomou o “Percorrido da saúde pola zona rural de Ourense” coa 9ª edición. O Cooperativismo Galego entregou os seus premios en Xinzo de Limia. O concelleiro de Facenda, Manuel Pérez, e a alcaldesa, Elvir Lama, tildan de «caótico» o estado das contas do concello. Xinzo sufre unha limpeza integral.
En Celanova, Luis Zahera, fará rir aos veciños co seu monólogo «Para o que me queda no convento, mellor ríome dentro». Puga, novo alcalde de Celanova, substitúe a Ferro, alcalde saínte, na presidencia da Fundación Curros Enríquez. A Xunta axuda na conciliación co apoio á escola infantil María Ana con 30 praza e dúas aulas. O escritor Jorge Emilio Bóveda, presenta na Casa dos Poetas a súa obra Eternos propietarios.
Allariz reparte 5.000 litros de compost. Maceda homenaxea cun museo aos médicos do rural. Xa está licitada a Galiña Azul de Paderne de Allariz. Recupéranse 8 toneladas de ropa usada.
A Xunta asina os convenios de patrocinio dos equipos de alta competición de Ourense. O Campionato de España de remo olímpico celébrase esta fin de semana en Castrelo de Miño. O Sincro Ourense participa no Campionato de España de natación artística alevín e júnior. Gustavo Sepa Vázquez ”Gus”, primeira incorporación do Sala Ourense para a vindeira tempada.
Xa se coñece a programación das Festas de Santa Mariña de Xinzo de Limia. O Couto Mixto conta con tres novos xuíces honorarios.
Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha