O concelleiro de Cultura, Ramiro, e a alcaldesa, Elvira, presentaron fai uns días o programa das festas de Santa Mariña. Os dous agradeceron ao goberno anterior o deixalas xa pechadas e agardan organizar ao seu xeito as do ano que vén. Pese a iso, esperan que os veciños se divirtan o máximo posible e que todo transcurra con toda normalidade.
O primeiro día das festas, o mércores 17, a orquestras Tango actuará pola noite. O xoves 18 será o día grande das festas. O xoves comezará a celebración coa alborada a cargo dos Gaiteiros de Laroá e co desfile de xigante e cabezudos polas rúas a partir dás 11:30. Ás 12:00 a procesión da Patroa Sta. Mariña. Rematada a procesión haberá a misa solemne presidida polo bispo de Ourense e acompañada polos son da Coral Sta.Mariña-Esmuli. Pola tarde haberá o xa tradicional torneo de Chave “V Memorial Manolo Santana” na alameda do Toural e na praza Maior un espectáculo Infantil a cargo do Mago Albert. Pola tarde noite a actuación da orquestra limiá Nebraska, na alameda do Toural.
O venres 19 terá lugar a II Festa da Agrupación Musical da Limia con pasarrúas, concerto no parque do polígono e “duelo” de charangas XL e Achicoria. Para os máis cativos haberá espectáculos de maxia e inchábeis con canóns de escuma no polígono e no parque do Toural.
Festival Internacional de Gaitas
O protagonista o sábado 20 será o V Festival Internacional de Gaitas “Vila de Xinzo de Limia” que comezará ás 20.30 h. na praza Carlos Casares coa participación das bandas de Gaitas de Candás (Asturias), Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya, Banda de Gaitas Real Xuvenil de Ourense e Banda de Gaitas A e B de Xinzo de Limia.
Anteriormente ás 19:30 haberá un concerto de bandas de música infantil a cargo de representantes da Agrupación Musical da Limia e a do Ateneo de Bembibre, neste caso no Adro da Igrexa Vella. Pola noite na praza Carlos Casares darán un concerto o grupo local Habitación Vudú.
O derradeiro día de festa, o domingo 21, haberá alborada e pasarúas con xigantes e cabezudos pola mañá e a partir das 19.30 h. o espectáculo “A Gran Barafunda” para os menos e nenas. A música de tarde e noite, para rematar as festas 2019, a porá a orquestra Nazaret na rotonda da rúa Alexandre Bóveda.