Na portada contamos o éxito do programa Concilia Verán do Concello de Ourense no que participan 200 rapaces.
Ademais falamos co tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo e o concelleiro do Carballiño, Manuel Dacal.
Facémonos ecos das novas no Concello de Ourense, no que Jácome revolucionouno desde o minuto un do seu mandato.
A Deputación aproba as retribucións á Presidencia e aos grupos da corporación provincial. Os veciños da Chavasqueira denuncian o seu “abandono”. A orquestra Panorama, nas Festas da Ponte; actuará o 23 de xuño.
En Verín, o pleno aproba o seu orzamento. O Centro de Día conta con novos servizos de comida e lavandería. Os ías 26 e 27 de xullo, a vila do Támega acolle a Batucada 2019. A DO Monterrei celebra a súa feira do 9 ao 11 de agosto. 24.000 persoas visitaron o Museo Mercedario en pouco máis de dous anos.
O cartel da Feira do Pulpo (11 de agosto) distribúese ao redor do mundo. Na Residencia de Tempo Libre do Carballiño celebrouse un campamento para persoas discapacitadas. A vila do Arenteiro conta cunha nova motobomba contra os incendios.
O Sala Ourense sigue confeccionando unha plantilla moi competitiva. O club Artai leva o taichi a Cachamuíña. A Xunta financiará unha carpa deportiva no Balneario de Laias cunha achega duns 30.000 euros.
Artigos, clasificados, humor e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha