Entre o 24 de xullo e o 16 de agosto organizado por Cruz Vermella.

Unha xinkana ecolóxica para os máis pequenos percorrerá a comarca de Maceda

Entre o 24 de xullo e o 16 de agosto, Cruz Vermella realizará xincanas ecolóxicas para nenos e nenas en Baños de Molgas, Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Castro Cladelas, Paderne de Allariz e Allariz.

Os nenos de entre 3 e 12 anos participarán en diferentes probas converténdose en axentes ecoloxistas contra o cambio climático.

De forma grupal e a través do xogo, os participantes terán que ir superando probas relacionadas co medio ambiente: crucigramas, mensaxes secretas en botellas, carreiras, manualidades e adiviñas, nas que terán que pór toda a súa imaxinación, traballo en equipo e habilidade para chegar a bo fin.

Todas as actividades de Cruz Vermella están vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, á Axenda 2030 que nos implica a todas e a todos na loita contra o cambio climático e na tarefa de transformar o mundo: erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade e a paz.

Por iso, esta asemblea comarcal aproveita o bo tempo e as vacacións de verán para convidar os nenos e nenas da zona a pasar unha mañá diferente, divertíndose mentres aprenden a coidar a contorna e os recursos naturais.

Desta forma, nenos e nenas convértense en axentes de cambio, protagonistas dunha forma de vida ecolóxica, consumindo recursos de forma sustentable e promovendo hábitos saudables e respectuosos co planeta.

 

Calendario
Todas as actividades terán lugar ás 11 da mañá.
– 24 de xullo: Baños de Molgas, (colegio).
– 31 de xullo: Esgos (Praza da Souteira)
– 7 de agosto: Xunqueira de Espadañedo (colegio)
– 21 de agosto: Castro Caldelas (Os Pilos)
– 28 de agosto: Paderne de Allariz (Pabellón) – taller Multiculturalidad
– 16 de agosto: Allariz (Fogar do Maior)