A portada deste número trae as protestas do persoal de cociña do CHUOU. Desde a Comisión do centro cren que se perderán 10 postos de traballos.
A Intermodal, outra polémica na corporación municipal do Concello de Ourense; en DO din que non está garantizado que Adif fágase cargo dos 20 millóns de euros que custaría realizar a fase 2 e 3, mentres que oposición e PP (en cogoberno con DO) consideran que o compromiso de Adif coa cidade non hai que poñelo en dúbida.
Esta fin de semana, romanos e castrexos aséntanse en Xinzo de Limia.
Entrevistamos a Miguel Caride, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Ourense.
A Asociación de Construtores de Ourense reuníuse co alcalde; ámbalas dúas partes mostraron boa sintonía. O propio alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome comprometeuse con Proxecto Home para solucionar varias das súas demandas.
Representantes locais de Ourense e O Pereiro mantiveron unha reunión para buscar melloras de conexión. O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) contará con 110 prazas. Infraestruturas remata a primeira fase das obras en Seixalbo e inicia o proceso de información pública da segunda.
Barbadás aposta pola igualdade; en outubro organizan a segunda Romaría Feminista.
O CDR O Viso abre unha Casa Niño en Lodoselo (Sarreaus). Remataron as obras de remodelación da piscina climatizada de Xinzo. Remata o obradoiro de emprego que formou a 15 persoas. Tensión cunha mesa de Auga limpa xa!; decenas de persoas increparon a membros da plataforma.
“Escolma de gravados”, na Casa dos Poetas de Celanova; as obras de Poldras poderán verse ata o vindeiro 19 de setembro. Do 4 ao 8 de setembro Allariz acolle a segunda edición do Festival RIR.
En deportes, arranca a Terceira división de fútbol con catro equipos ourensáns en liza. O COB comezou os adestramentos coa plantilla a medio facer. A Subida a Xunqueira de Ambía regresa oito anos despois.
Ocio, artigos, clasificados e máis nas páxinas do Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha