Son 15 alternativas.

Roteiros para coñecer a comarca

Verín estrea un roteiro patrimonial e medioambiental con 15 alternativas de ocio. 15 rutas -a maioría delas circulares- con contido patrimonial e medioambiental están a disposición para todos os visitantes da praza García Barbón de Verín mediante un mural xigante. Nelas se pode acceder, mediante a lectura en código QR, ás direccións web onde están aloxados os roteiros con trazado GPS e cunha pormenorizada descrición.
Os paseos están deseñados cun carácter familiar e formativo para que poidan ser abordados por nenos e maiores. O mural contén toda a información necesaria para chegar vía GPS ata o punto de inicio e para seguir a ruta, así como a descrición e guía detalladas de cada visita. O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías.

Roteiro da Pousa
O roteiro da Pousa contén tamén sinalizados os antigos pozos de baño do Támega en Verín, hidrónimos tradicionais que é necesario conservar mediante as novas tecnoloxías.
Monterrei polos camiños reais; Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias; ou Ruta do bufo do Pozo do Demo, son so algunhas das opcións.

Contidos
– Un paseo pola Pousa
– Tamagos, o castro dos tamagani
– Curral de Castrelo do Val e o castro da Cabanca
– Románico de Infesta e a aldea deserta de Paradiña
– A ermida románica de Santo Antón e Ábedes
– Vilamaior do Val e a ermida de Os Remedios
– Ruta do gourmet da auga
– Entre o balneario e a aldea de Cabreiroá
– Ruta do bufo do Pozo do Demo
– A Vía XIV entre a Pousa, Mixós e o Támega
– Oímbra, a vila dos tres pazos e tres capelas
– Pazos, un labirinto medieval entre viñas
– Vilaza, de castrexos, romanos e templarios
– Monterrei polos camiños reais
– Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias