Na portada traemos as obras que se están a realizar na cidade de Ourense: as de acceso ao CHUOU e as do aparcadoiro da intermodal.
O Festival RIR chega esta semana a Allariz, e en Celanova a actriz Isabel Blanco recibirá o premio «Celanova, Casa dos Poetas». En deportes, a UD Ourense logrou a primeira vitoria ao vencer no Couto ao Arousa.
A mobilidade une a PSOE, BNG e Ciudadanos; os partidos da oposición presentaron unha moción conxunta para o vindeiro pleno. O Concello marca a folla de ruta con respecto á oferta cultural; pontenciará a programación do San Martiño con catro días de festa, ademais do Nadal. Luz verde á construción de dous elevadores; así mesmo, realizaranse outras 25 obras máis.
Ponte Vella facilita a volta ao cole; o centro comercial sortea 3.000 euros. O Centro Médico El Carmen sae á rúa; nas “I Xornadas Saudables”.
Aguias para espantar aos estorniños da cidade; o Concello activa a campaña para desprazar a colonia da capital.
En Barbadás apostan pola sustentabilidade; o Concello adquire un vehículo eléctrico. Barbadás mellora a protección das vítimas de violencia de xénero; fírmase un protocolo coa Subdelegación do Goberno.
Cursos en Celanova de Robótica e deseño gráfico, na aula Cemit; tamén se realizou un curso de deseño web. Apicultura e Arte de man, as vindeiras citas feirais en Allariz.
O primeiro derbi da tempada entre Cidade das Burgas e Ourense Envialia tivo lugar no marco da Copa Galicia. O Envialia pasa de rolda ao vencer por un a seis. Regresa o «Correndo por Ourense» e o fai coa proba das Lagoas.
Artigos, humor, clasificados e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha