A portada deste número fala da Semana da Mobilidade en Ourense, con numerosas actividades durante toda a semana que teñen como colofón final o Día da Bici deste domingo. Ademais, na DO Monterrei andan coa recolección da uva que este ano será un éxito na calidade como na cantidade do produto. Adolfo Domínguez sacou a súa colección otoño-inverno ás rúas do casco vello de Ourense con 60 modelos non profesionais. Entrevistamos ao concelleiro de Cultura, Mario González.
O Concello de Ourense da o primeiro paso para aprobar os seus orzamentos; reuniuse o goberno municipal para avanzar na aprobación dos mesmos. As aguias Harris xa surcan os ceos ourensáns para espantar os estorniños da cidade. Expourense acolle o 19 e 20 de setembro o 19º Termatalia con 34 países representados.
En Verín, a Xunta de Galicia está a realizar melloras no CEIP Princesa de España e o IES García Barbón. O Concello contrata a dúas vítimas de violencia de xénero por un período de nove meses. O goberno municipal aprobou os orzamentos deste ano, que ascenden a preto de 11 millóns de euros.
A Escola de Artes e Oficios mostra a súa obra en “Expoarte 2019” na Sala de exposición de Verín. A Ludoteca despediuse este verán cunha festa de disfraces. A obra «Curva España» terá dous pases no Auditorio de Verín.
En deportes, o COB busca afinarse de cara ao inicio ligueiro en menos de 10 días. Os ourensáns enfrontaranse ao Almansa na primeira xornada da LEB Ouro. Ourense Envialia e Cidades das Burgas comezaron o curso con vitoria; o Sala Ourense sacou un punto da súa visita a Leis.
Este sábado a partir das 19 horas, derbi capitalino na Terceira división, Ourense CF e UD Ourense se miden no estadio do Couto. Tamén este sábado, celébrase o I Trail Ourense Termal a partir das 10 da noite.
Clasificados, artigos, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha