Na portada falamos do Festival Internacional de Cine de Ourense, que durante toda a semana está en marcha a 24ª edición. Ademais entrevistamos a Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico do OUFF.
Tamén sacamos na portada os 100 días de goberno municipal en coalición entre PP e DO. A Terceira de fútbol é outra das noticias da portada deste número.
Seguindo co OUFF entrevistamos a Emma Lustres, de Vaca Films, que vén de recibir o premio Calpurnia de Honra.
Veciños da praza Mil queixanse do abandono da zona. A AVV As Termas conta cunha gran participación nas Tardes de lecer. Ourense cede o testemuño a Entre Ríos para acoller o Termatalia 2020. Tres centros educativos ourensáns foron premiados no Programa STARS polo fomento de desprazamentos sostibles e seguros.
En Barbadás, un curso de iniciación á informática abre a Aula de Novas Tecnoloxías cun total de 17 equipos informáticos.
Esta fin de semana celébrase a segunda edición da Romaría feminista na contorna do estadio dos Carrís.
No Carballiño, este domingo, 6 de outubro acolle o Día da Bici. A XII Mostra de Teatro Amador levará seis propostas ao longo do mes de outubro no Auditorio Municipal.
En Celanova, a actriz Isabel Blanco recibe o premio Celanova Casa dos Poetas. O BNG denuncia recortes de 50.000 euros á vila por parte da Deputación.
Allariz pon en marcha unha campaña para obter conexións de calidade; solicitan banda ancha, sen límite de datos e a prezos axeitados. O FIXA encherase de poesía en 2020, xa que esta será a temática do festival de xardíns.
En deportes, o «Correndo por Ourense» entra na recta final con Luis Iglesias e Begoña Domínguez como claros favoritos. En fútbol sala, seguimos de preto a Cidade das Burgas, Ourense Envialia e Sala Ourense. Creáse no Pereiro de Aguiar o Club Deportivo Miraflores.
Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha