A produtora recibe o “Calpurnia de Honra” na 24ª edición do OUFF.
Títulos coma “Celda 211”, “Cen anos de perdón”, “O neno” ou “Invasor” xa están na retina dos cinéfilos tanto nacionais coma, atreveríame a dicir, internacionais. Todo grazas á unha produtora galega Vaca Films. Falamos cunha das súas artífices: Emma Lustres.
Que supón para Vaca Films un premio coma este?
Emma Lustres: “É moi bonito. Estamos contentos e emocionados. O máis emocionante é xuntarnos un grupo de xente que non soemos atoparnos todos”.
Botando a vista atrás, quen ía decir que Vaca chegaría a onde chegou?
E.L.: “Estamos satisfeitos por moitas cousas: xente que coñecemos, por axudar a que o audiovisual en Galica se fortaleza, por o noso gran de area en películas marabillosas do cine español, por xerar traballo, riqueza,…”
Incrible a gran crítica e éxito das vosas películas.
E.L.: “A verdade é que a maioría das nosas películas foron grandes éxitos do cinema español”.
De que película te sentes máis orgullosa?
E.L.: “É difícil contestar a íso porque cada película ten xente detrás, ten recordos. Obviamente unhas foron máis significativas ca outras, pero non podería quedarme con ningunha”.
Cal é o futuro de Vaca Films?
E.L.: “Moi positivo. Estamos nun gran momento do audiovisual español. As plataformas viñeron a inxectar unha grande posibilidade ao haber moito traballo e os contenidos vense máis ca nunca”.