A portada trae aos atletas participantes na «Correndo por Ourense», os cales xa están preparados para a San Martiño que este ano se celebra o 17 de novembro. Ademais, a Xunta de Galicia xa ten o boceto dos orzamentos para 2020 e da cantidade que lle toca a Ourense. O PP ourensán os louba, mentres que BNG, PSOE e En Marea falan de malos para a provincia. Volvemos a publicar a entrevista de Dolores Sánchez, quen nos fala da campaña contra a gripe.
Esta fin de semana tócalle o turno ao vehículo de ocasión no 11º salón do automóbil que se celebra en Expourense do 25 ao 27. O Ecobarrio da Ponte abrirá unha oficina ao público, para asesorar en implantación de medidas de aforro.
Celebra reinvéntase no seu 20º aniversario. Evento terá lugar o 23 e 24 de novembro en Expourense.
No Carballiño, este sábado 26 de outubro celébrase o Festival Galaico-Portugués con música de Portugal e Salamanca. Este ano coincide co 40 aniversario da Coral Casino. Recta final das obras de accesibilidade ao camping e Museo Etnográfico do Arenteiro.
Vinte exposicións no Arenteiro Fotográfico que ocupará os meses de novembro e decembro.
En deportes, Begoña Domínguez e Luis Iglesias venceron no “Correndo por Ourense”. O Ourense Envialia, Primeira división de fútbol sala, mantén o tipo coliderando a clasificación con Futsi e Burela.
O ourensán David Samaniego é o responsable da academia de xóvenes do Hapoel Beer Sheva, proxecto do Atlético de Madrid en terras israelís.
Pelayo Mon, terceiro na última proba do Campionato de Galicia de karts.
Humor, cultura, arquivos e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha