Verín celebra a quinta edición da “Noite de Medo”, que terá lugar o 31 de outubro para celebrar o Samaín en Verín.
Este ano, o prato forte será a posta en escena do espectáculo «Errantes», que a compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das 23 horas. Os máis pequenos tamén poderán gozar na praza García Barbón, a partir dás 18 horas, de terroríficos obradoiros temáticos.
O espectáculo “Errantes” é un pasacalles que conta con instrumentos de percusión, zancudos, tragafuegos e varios terroríficos personaxes caracterizados que realizarán danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o percorrido:
«En noites de lúa nova Verín vólvese escura… orcos, trolls, alimañas… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévanos a facer unha peregrinaxe transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOC. Coidado!! Non os mires directamente ós ollos, xa que podes quedar atrapado nunha ETERNA VIDA ERRANTE!».
Obradoiros infantís
Por outra banda, tamén haberá un espazo reservado para os máis pequenos. A partir das 18 horas, realizaranse na praza García Barbón varios obradoiros temáticos nos que os menores realizarán chapas, actividades de globoflexia, caracterización e maquillaxe especial halloween, así como moitos outros xogos temáticos.