Estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro.

Catro días de festa para o Magosto

O Magosto, festa representativa da cidade estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro, cunha vintena de actividades entre as que salienta os concertos dunha escolma dos mellores grupos galegos, como Brañas Folk, Susane Seivane, Leilía ou Os de Abaixo. O Espazo Galaico estará en Bispo Cesáreo, xunto co tradicional magosto popular, as actividades de animación de rúa e as dirixidas ao público infantil.
O Espazo Galaico é unha das principais novidades da programación. En Bispo Cesáreo as persoas que se acheguen poderán participar en visitas guiadas ao Laboratorio do tempo, presenciar recreacións da vida nun castro celta, exhibicións de esgrima, retratarse no photocall con vestimentas e armas da época galaica, ou participar en obradoiros de amuletos, bonecos, instrumentos musicais ou banda deseñada. A festa terá un gran protagonismo da gastronomía, xa que coincidirá co concurso de pinchos Sabores de Ourense, locais de hostalería elaborarán menús especiais e as denominacións de orixe da provincia organizarán diferentes actividades e catas dos seus viños

PROGRAMACIÓN DOS MAGOSTOS 2019
Venres, 8 de Novembro
De 18 a 19.30 h Animación de rúa Grupo de gaitas da AOFT e desfile de cabezudos
20,00 h Concerto BRAÑAS FOLK na Praza Maior

Sábado, 9 de Novembro
De 11 a 13,30 h e de 16,30 a 20h ESPAZO GALAICO, en Bispo Cesáreo
12,00 h Animación de rúa EQUIPO B (Charanga tradicional)
13,00 h Animación de rúa BANDA DE GAITAS DA CARBALLEIRA
18,00 h Animación de rúa TÍRALLE DO AIRE
20,00 h Concerto de SUSANA SEIVANE, na Praza Maior

Domingo, 10 de Novembro
De 11 a 13,30 h e de 16,30 h a 20h ESPAZO GALAICO, en Bispo Cesáreo
12,00 h. Animación de rúa BANDA DE GAITAS DA DIPUTACIÓN DE OURENSE. Saída desde a rúa do Paseo (Parque de San Lázaro)
13,00 h. Animación de rúa OS DANIÑAS
20,00 h. Concerto de LEILÍA, na Praza Maior
20,30 h. Concerto A CAPELA MADRIGALISTA na catedral

Luns, 11 de Novembro
De 11 a 13,30 h e de 16,30 h a 20,00 h ESPAZO GALAICO, en Bispo Cesáreo
12,00 h Espectáculo infantil AS VIAXES DE PAIO E AURELIO, na Praza Maior
13,00 h Animación de rúa, co grupo de gaitas da AOFT
17,00 h Magosto tradicional coa animación musical D´OS DANIÑAS, no Parque Barbaña, con 1.000 de castañas e 3.000 chourizos, e menús a 1 euro.
18,00 h. Animación de rúa TÍRALLE DO AIRE
20,00 h. Concerto de OS DE ABAIXO, na Praza Maior