O prazo de inscrición está aberto ata o domingo día 10 de novembro.

A San Martiño supera os 10.000 inscritos

A dous días do peche das inscricións, a carreira pedestre popular do San Martiño ten xa superados ós 10.000 inscritos; o prazo de inscrición remata este domingo, 10 de novembro (deportesourense.com); o prezo para a carreira absoluta é de 7 euros, mentres que para o resto de categorías é de balde. Como cada ano, a decana de todas as populares galegas é un éxito de particación. Este ano chega a súa edición número 43 e terá lugar o domingo, 17 de novembro, polas rúas da cidade.
Para facer máis sinxela a chegada á liña de meta dos corredores, o Centro Comercial Ponte Vella dispón para os participantes o seu aparcadoiro de balde.

Inscritos
Como apuntabamos, xa está superada a cifra de 10.000 inscritos na carreira máis multitudinaria de Galicia. Das catro carreiras a absoluta supera os 2.800 inscritos; a escolar a segue moi de preto con máis de 2.600; a dos cativos conta con case 2.200; e a inclusiva ten superado os 2.000.
A recollida de dorsais será no marco de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). O horario de recollida será o venres, 15 de novembro, de 16 a 20h; e o sábado 16, de 10 a 14 e 16 a 20h. A recollida anticipada de dorsais-chips será os días 14, 15 e 16 de novembro nos seleccionados.

Horarios
A carreira absoluta mantén o percorrido de anos anteriores con 10.000 metros homologados,. Con saída desde a ponte do Milenio e remate en Pardo de Cela (fronte ao pavillón dos Remedios).
A saída será ás 11 horas. Ás 12.30 será a saída na categoría escolar (percorrido de 4,7 km); ás 13.20 a da cativada (1,4 km), e ás 13.30 a proba inclusiva (1,4 km).