Preséntanos as novidades desta cuarta edición que será entre o 30 de novembro e o 8 de decembro no Auditorio e a Casa da Cultura de Verín.
Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín.
A poucos días de que comece unha nova edición, a cuarta, o seu director, Carlos Montero, adiantanos as novidades máis destacadas dun evento cultural que xa forma parte da vila e que logra traer a ela as curtas máis destacadas do panorama internacional, O Festival Internacional de Cortos FIC Vía XIV
Carlos, cuarta edición xa, está consolidado este festival?
Carlos Montero (C.M.): “Penso que en parte si. Esta edición para min é clave. A primeira edición é de proba, no segundo pasamonos de freada, no terceiro dimos un xiro involucramdo aos axentes sociais que funcionou moi ben e xa nesta edición vai ser a proba se este camiño que eleximos funciona tralo cambio do ano pasado”.
Cantas curtas recibistes este ano?
C.M.: “Máis de 700 curtos de 50 países. Desde a organización do certame, afanámonos cada ano máis en escoller os mellores curtos que se están realizando en diferentes países do mundo. Veremos 54 pezas, moitas das cales, conseguen premios en diferentes certames de renome nacionais e internacionais despois de exhibirse en Verín. En canto a calidade este ano puxemos unha taxa de inscrición para cribar un pouco e non recibir tanto material. Pensa que o ano pasado recibimos 1400 curtos e había que velos todos, unha tolemia, que tíñamos que ver eu e o programador. Moitas curtas non era de perfil profesional e non encaixaban na nosa temática”.
Participan autores locais?
C.M.: “Si. Hai unha directora local”.
Continúan as mesmas catro categorías do ano pasado, que novidades nos atoparemos?
C.M.: “Si. Non é un ano de grandes novidades onde se mantén a programación en o concurso oficial nos funciona, con calidade. Si que damos un pequeno paso para atraer perfil multisectorial. Este ano intentamos adaptar as actividades a todo o público. Coñecer, a través da sétima arte, a realidade que se vive no Sahara Occidental ou achegarse até o cinema cubano actual, todo sen saír de Verín, é posible nesta nova edición do Festival Internacional de Curtos FIC Vía XIVMarcámonos como propósito o de confeccionar unha axenda de actividades paralelas moi completa que sexa quen de achegar aos veciños e veciñas da nosa comarca unha variada proposta de lecer ligada ao cinema. Ademais das mostras vinculadas ao Sahara e a Cuba, nesta edición do certame traeremos a Verín a Mabel Rivera, que será homenaxeada no Auditorio, e tamén promoveremos unha actividade que entremestura música e cinema, dúas artes intimamente ligadas. Poderemos tamén gozar dun avance do documental “Entroidar”, que descobre por dentro a maxia do Entroido de Laza, e teremos a oportunidade de ver as pezas premiadas no Festival Internacional de Curtos de Comedia de Allariz. Tamén nesta edición contamos co respaldo dos comerciantes e empresarios de Verín, moitos dos cales engalanan estes días os seus escaparates con motivos ligados á sétima arte. E, teremos ocasión, un ano máis, de achegar a maxia do cinema aos nenos e nenas da comarca cunha axenda de actividades específica para eles. En definitiva, estamos a facer enxeñaría cultural co obxectivo de achegar o noso certame a todos os verineses, adaptando as accións a todos os públicos. Confiamos en acertar de novo, en converter un ano máis a Verín no epicentro galego da cinematografía”.
Qué orzamento ten o Festival e canto persoal traballa nel?
C.M.: “Sobre 65.000 euros aproximadamente. En canto a persoal os días do Festival podemos chegar a ser 20 persoas traballando”.
Cando empazaches co Festival víaste neste punto tras catro edicións?
C.M.: “Non nos víamos en ningún sitio porque o comezo foi como un experimento. Queríamos facer algo porque estudamos Audiovisual. Si que tíñamos claro que sería un evento que levara o nome de Verín fóra. E tomou a forma dun festival de curtas. Un dos obxectivos do Festival é a promoción turística de Verín. Nese sentido si que creo que cumprimos os obxectivos. Ao principio tampouco pensamos en facelo internacional… a verdade é que estamos contentos ata onde chegamos pero sabendo que podemos mellorar”.
Que percepción se ten deste Festival no exterior?
C.M.: “Formamos parte de Proxecta, una coordinadora de festivais a nivel de Galicia, que empezou a funcionar fai un ano e do que somos socios fundadores. Iso indica que xa nos fixemos o noso oco nese mundo. Podemos que dicir que pasaron por aquí curtas que foron nominados ao Óscar, “Homomaquiaun” foi nominado ao Goya fai pouco e vai estar aquí, “Le Jeune Fille et ses tocs” gañou en Francia o premio tv5 Monde, e teremos tamén outro que foi Palma de Ouro en Cannes, “The distance between us and the sky”. Estas curtas non van a calquera sitio. Ademais, este ano traemos a dúas estudantes universitarias estadounidenses de intercambio, como becarias, que indica a relevancia internacional do festival”.
Que te gustaría ver na quinta edición que non ten esta?
C.M.: “O mesmo que dixen sempre. Falo en nome dos tres que estamos organizando este Festival, eu, Jorge Godás e Xosé Lois Santiago cando digo que queremos pasalo ao verán polo tema dos concertos. En decembro é moi difícil organizar calquera cousa na rúa. Estamos contentos coa estrutura actual do Festival. O malo do cambio de datas é que teríamos que facer un festival máis pequeno, de transición, para que o ano seguinte sexa no verán.
Por exemplo, se fose no verán teríamos concertos por todos os lados da vila. É moi complicado. O puxemos en decembro porque non había nada organizado. No verán o Festival medraría horizontalmente e non só sería de cine, tería unha parte musical, monólogos …”.