A portada nesta ocasión faise eco das mobilizacións en toda a provincia para conmemorar o 25N, Día contra a violencia machista. Tamén sacamos en portada ao escritor Jorge Emilio Bóveda, que nos presenta a súa última obra «Deserto García».
O Concello de Ourense vén de instalar a illa de cinco contedores na rúa Florentino Cuevillas que estará de proba durante uns meses para comprobar a súa utilidade e o seu impacto coa contorna. A Xunta asegura que a estación intermodal estará operativa para o verán de 2020.
Atendo presta provisionalmente a axuda no fogar ata a nova licitación. A pista de xeo do Centro Comercial Ponte Vella abre ata o 12 de xaneiro.
Gran convivencia en “Palilleando entre Barrios”; a actividade chegou a súa terceira edición nas Termas. A AVV Peliquín celebrou o seu magosto con preto de 100 veciños.
A solidariedade inunda Ourense. Nestas datas organízanse numerosas campañas a favor dos máis vulnerables.
O Carballiño galardoado por coidar e promocionar zonas verdes, pola iniciativa Vilas en Flor de Galicia. O río Arenteiro conta cun novo punto de control de auga. Comezou a campaña de Nadal na Praza de Abastos; durará ata o 23 de decembro.
Os servizos deportivos dos Remedios permanecerán a pesar das obras; trasladaranse a espazos onde non estean a realizarse os traballos. O COB visita a Marín esta xornada.
Artigos, humor e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha