Nesta ocasión a portada chega cargada de Nadal. E é que o Concello de Ourense xa acendeu as luces na zona centro da cidade; para a fin de semana o alumeado chegará a todos os barrios.
Aarón Blanco, do Club Artai, vicepresidente a Federación Galega de Kungfu.
Unha das novas máis destacadas destes días lévanos ata Verín. O Sergas decidiu pechar o paridoiro da comarca xustificandoo por motivos de seguridade.
O Concello de Ourense presentou o proxecto de orzamentos que rematarán con cinco anos prorrogados; en xaneiro estarán aprobados.
A Xunta entrega oito vivendas de promoción pública; outras cinco estarán rematadas en breve.
Ourense desborda solidariedade: presentouse o calendario de Down Ourense; Concello e Cruz Vermella reforzan a súa colaboración; Orixe Comunicación presenta un ano máis o Lapis solidario; Moteros solidarios non queren deixar a ningún neno sen xoguete; Amencer está de cheo na Operación Quilo.
En Celanova, Castromao foi declarado BIC; é un dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia. O órgano como protagonista en dúas e dúas actividades sobre o instrumento celebradas no Mosteiro de San Rosendo.
En Allariz aprobáronse os orzamentos. Os veciños poderán gozar de descontos no Spa do hotel Oca. O Festival de Xardíns estará adicado á poesía.
En deportes, o COB ten un final de ano complicado. Tócalle xogar fronte Melilla, Palma e Breogán. En fútbol sala o Sala Ourense vence ao pechacancelas con comodidade; o Envialia mantén a terceira posición en Primeira e o Cidade ocupa postos de descenso.
Ocio, humor, clasificados, artigo e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha