Grandes musicais, concertos, teatro, cine, monólogos, obradoiros e torneos terán lugar entre os meses de decembro e xaneiro.

Un Nadal con medio cento de actividades no Carballiño

Un gran musical, “Frozen”, que virá ao Carballiño como primeira vila en Galicia tras a representación na Gran Vía de Madrid, así como diversos concertos, entre os que destaca o de Roi Casal “Son galego, son cubano” Xacobeo 2021, que será gratuito, e o de Nadal que xa ofreceron a Coral Casino do Carballiño e a Banda de Vilatuxe; a obra de Teatro do Norte “Retablo da avaricia, da luxuria e a morte”; unha gala de circo e os monólogos de Grison Beatbox & Jaime Caravaca e o de Agustín Jiménez, encabezan o cartel das máis de corenta actividades culturáis e sete deportivas que terán lugar este Nadal no Carballiño.

Ademáis, haberá cine, no que destaca un ciclo de cine infanti; audicións musicais, pasarrúas e animación de rúa, na que non faltará o Tren de Nadal do CCA nin a visita de Papá Noël, así como un gran espectáculo de luz, son e lume na Veracruz durante a Cabalgata de Reis; Ruta das Tapas, Cantos de taberna e exposicións fotográficas completan este intenso programa cultural, que comeza esta próxima fin de semana e se prolongará ata o mes de xaneiro.

Deporte
En canto á actividade deportiva, hai que subliñar a 11ª Carreira Solidaria do Arenteiro; dúas probas de patinaxe, como son o III Trofeo Vila do Carballiño de Patinaxe Artística e a Gala de Nadal de Patina Aehde; o II Torneo de Reis de Fútbol Sala base e o 2º Campionato de Reis de Xadrez.

Silvia Baranda, como concelleira de Deportes e de Comercio, destacou as actividades deportivas así como as vencelladas co CCA e a praza de abastos, e dixo que se trata dunha programación moi intensa e completa, que busca dinamizar a actividade comercial, social, cultural e deportiva na vila durante o Nadal, e que o concello estará sempre disposto a apoiar todo tipo de actividades que redunden en beneficio do pobo. E fixo un chamamento para que nestas datas se merque nos establecementos da vila, porque son esenciais para menter vivo O Carballiño.
Diego Fernández expresou un desexo semellante e destacou a calidade dos espectáculos e actividades programadas, pensadas para todo tipo de público, pero tendo sempre moi presente ao público infantil e familiar. Por eso incidiu nos grandes musicais, concertos, obradoiros, circo e, sobre todo, na visita de Papá Noël e a Cabalgata de Reis. Tamén resaltou que por primeira vez habería actividades infantís no Centro Comunitario.

E referiuse á obra de Teatro del Norte, o 28 de decembro; aos dous grandes musicais “Tributo a Coco”, que xa foi o pasado 8 de decembro, e “Frozen”, que terá lugar o 24 de xaneiro, respetivamente; ao concerto de Nadal da Coral do Casino e a Banda de Vilatuxe, o pasado 14 de decembro; os monólogos de Grison Beatbox & Jaime Caravaca e de Agustín Jiménez, o 21 de decembro e o 18 de xaneiro, repectivamente, e ao concerto de Roi Casal “Son galego, son cubano” Xacobeo 2021, o 12 de xaneiro, que será gratuito, como actividades moi destacadas do programa.