A Semana das Industrias Culturais e Creativas “Ourense ICC Week” 2020, que organiza a Deputación de Ourense, acollerá entre o 11 de febreiro e o 5 de abril as probas de eSport correspondentes simracing, nas que se utilizarán simuladores de Gran turismo Sport e Fórmula 1 DIRT Rally 2.0.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo, e co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, con que analizou este ámbito dos eSports e outros aspectos do programa da ICC Week, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, convertendo á provincia, unha vez máis, en lugar de encontro para as industrias culturais e creativas.
En canto ás datas destas especialidades de MundoGT, o 31 de xaneiro pecharanse as inscricións para os campionatos e o 11 de febreiro terá lugar a primeira das carreiras. Haberá catro retransmisións por semana e outros contidos, e o 23 de marzo disputarase a última das carreiras. Finalmente, entre o 3 e o 5 de abril terán lugar as finais de SCE, SF1 e SCR no Liceo de Ourense.
Campionatos
A #SCE Supercompetición de Escuderías Gran Turismo renóvase cun formato que promete ser máis intenso e que aglutinará un maior número de espectadores. Haberá un grupo único con 14 escudarías que presentarán a un piloto na carreira dos martes e outro piloto na carreira dos xoves, que ademais será coa parrilla invertida, imprimindo espectacularidade en pista. Tras as 6 semanas de competición, os equipos do TOP5 serán os finalistas. Cada retransmisión virá precedida da carreira da División de Ouro. Serán en total 12 noches de simracing. La #SF1 será a mellor versión virtual da competición raíña no automobilismo. Volven as carreiras de SF2, con 6 grandes premios, para que as 5 escudarías con máis puntos acaden unha praza para a final de Ourense.
A #SCR Supercompetición de Rally, porá a proba aos mellores pilotos tramo a tramo, e tamén haberá probas de Rallycross. Da fase online sairán os primeiros clasificados, e en Ourense disputaranse as últimas prazas para competir aquí na gran final. Haberá 30 retransmisións en directo, que se poderán seguir nas canles de MundoGT e ademais se emitirán en Movistar eSports en directo, e en diferido en uBeat de Movistar+. Todas as semanas haberá un seguimento na web AS eSports, AS Motor e MomentoGP.