Unha nova película sobre Manuel Blanco Romasanta, o lobisome, dara comezo a súa rodaxe no mes de marzo en Esgos. Estará dirixida polo realizador e produtor Óscar Doviso, e protagonizada por Marcos Vázquez; ademais a primeira parte do filme presentarase no OUFF 2020. A película narra a historia do maior asasino en serie documentada en España, acontecida na Galicia rural de mediados do século XIX.
A Deputación de Ourense apoia este proxecto “sobre a personaxe máis senlleira da provincia”, afirma Manuel Baltar, “un traballo cinematográfico que permitirá revisar, investigar e superar o que ata o de agora se ten feito sobre o máis grande criminal que coñeceron os tempos”.
A rodaxe da primeira parte desta longametraxe -que se presentará no OUFF 2020-, comezará en marzo en Esgos, dirixida polo realizador e produtor Óscar Doviso, e protagonizada por Marcos Vázquez
A historia comeza en 1845, cando Manuel Blanco Romasanta chega a Galicia procedente de Castela, e remarca a boa aceptación que tivo por parte do pobo, debido a súa colaboración e integración nas tarefas sociais e relixiosas, unha circunstancia que en pouco tempo mudará para convertese en tráxica.
O equipo artístico está integrado por: Marcos Vázquez, Helen Bertels, Patxi Bisquert, Héctor Martínez, Candela López, José Manuel Mao e Lucía Rodríguez, sendo o guion de Oscar Doviso, Ollala Moreiras e David Caride, e a produción de Oscar Doviso, José Freiría e Marcos Vázquez.