O Auditorio de Verín acolle durante os días 24 e 25 de xaneiro a terceira edición das súas xornadas de Novela Negra, este ano dedicada aos personaxes deste xénero literario.

Verín, epicentro da Novela Negra

O Auditorio de Verín acollerá durante os días 24 (venres) e 25 de xaneiro (sábado) a terceira edición das súas xornadas de Novela Negra. Este ano dedicada aos personaxes deste xénero literario.

As xornadas “Personaxes de Novela”, organizadas conxuntamente pola Biblioteca do Concello de Verín xunto e pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen. Para iso, Verín contará coa presenza de reputados escritores e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves deste xénero literario.

Programa
Venres 24
19:30h.: “Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas en Galicia”
– D. Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, figura que deu vida na serie Fariña de Antena 3 o actor Tristán de Ulloa.

20:15h.: “O corpo do delito”
– D. Fernando Serrulla Rech, médico Forense e antropólogo forense responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

SÁBADO 25
18:30h.: «A novela negra como radiografía da realidade social»
– D. José Antonio Vázquez Taín: Xuíz/Escritor.

19:15h: “A forma do lume”
– D. Pedro Feijoo Barreiro, escritor de novela negra.

20:15h.: Mesa Redonda: Enrique León Calviño, Fernando Serrulla Rech, José Antonio Vázquez Taín, Pedro Feijoo Barreiro. Modera a mesa: Xurxo Salgado, xornalista que dirixe Galicia Confidencial.

Ao remate da mesa redonda clausuraranse as xornadas e os autores asinarán libros.