Nesta ocasión a portada trae a 21ª edición de Xantar, o Salón internacional de gastronomía que conta con 15 restaurantes de Galicia, Castela e León e Portugal; estará aberto ata o 9 de febreiro.
Ademais, a rúa Concordia xa ten oficialmente rextrinxido o acceso a vehículos. O COB sufre dúas derrotas consecutivas no Pazo.
Un especial do Entroido achéganos aos máis senlleiros da provincia.
Construirase unha residencia para maiores no solar que deixará a estación de autobuses; a Xunta presentou a proposta aos veciños da zona. Construirase unha residencia para maiores no solar que deixará a estación de autobuses. Ourense quere adherirse ao Pacto de Alcaldes; aprobarase no pleno deste mes.
No centro de saúde de Barbadás conta con atención bucodental; o servizo estará atendido por unha odontóloga e unha hixienista dental. Barbadás organiza a cea de comadres, o venres 21 de febreiro.
Allariz promove os “Sábados na mocidade”, un programa que se desenvolverá de febreiro a abril. A vila alaricana separa, reutiliza e recicla cada vez máis achegándose ao 50% de separación.
Semana Santa ao Vivo abre o período de inscrición para os artistas, ata o día 14 de febreiro.
Un total de 17 empresas presentan a súa oferta para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540. A familia Mínguez achegará os cogomelos aos máis cativos.
A Marcha Mundial das Mulleres organiza un ano de “Cafés feministas”. Obradoiros en Montealegre para fomentar o coidado da Natureza.
En deportes, o Ourense CF é o único conxunto de Terceira que mantén a estela do líder, Compostela. O Sala Ourense -Segunda B de fútbol sala- perde despois de sete xornadas sumando puntos de tres en tres.
O Club Natación Pabellón Ourense logra catro medallas no Campionato de Galicia de natación en categoría alevín.
Artigos, humor, clasificados, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha