Un programa que se desenvolverá de febreiro a abril.

Allariz promovo os “Sábados na mocidade”

O programa “Sábados na mocidade”, promovido dende a Concellería de Mocidade do Concello de Allariz, desenvolverán unha programación de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e culturais que se levarán acabo durante algúns sábados de febreiro, marzo e abril.
O Concelleiro de Mocidade, Iago Santás, explicou que se crea este programa de actividades pensando en ofertar u ocio alternativo para os mozos e as mozas do concello de Allariz, no que se realizarán actividades para todos os gustos e intereses.

Acitivades
«Sábados na mocidade», contará dentro da súa programación con obradoiros de maxía, charlas coloquio, obradoiro de fotografía, actividades que fomenten o deporte e a vida saudable, cine, etc.
Para máis información ou para ir coñecendo a programación desta actividade, poderanse consultar calquera dúbida na Casa da Mocidade, no correo mocidade@allariz.com ou no 988680434.