A provincia despide o Entroido 2020. Centos de persoas congregáronse na praza Maior de Ourense -e noutras partes da nosa provincia- para despedir co enterro da Sardiña a don Carnal. Días de moita troula que deixan paso á cuaresma.
Ourense está as portas de acoller o Campionato de España de pista cuberta que se celebra en Expourense os días 29 de febreiro e 1 de marzo.
A AVV As Termas pide que o proxecto do solar da estación se adapte ao barrio: queren ampliar a Rúa D, manter as liñas de autobús urbano e a creación dun parque público son as propostas aprobadas nunha asemblea veciñal. Os bolardos son historia; o Concello suprímeos no acceso ao casco histórico, un vello desexo do actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
A reforma da rúa Marcelo Macías comezará a finais de verán. Tamén se licita a segunda fase da posta en valor da Ponte Romana. A Chavasqueira denuncia a pouca inversión en termalismo. A AVV denuncia o abandono das “zonas máis importantes da cidade”. Expertos organizan o programa de Previsel; celebrarase en Expourense os días 15 e 16 de abril.
No Carballiño, o Concello valora cambiar o céspede de Espiñedo; no estado actual, o terreo é impracticable. Premios polo Día do Pai na Praza de Abastos; haberá un sorteo o 18 de marzo ás 13 horas entre todos os que realicen compras. Instalada de novo a escultura “Danza da Árbore”; foi retirada da praza da Constitución hai 20 anos.
En deportes, o COB visita ao líder con Txemi Urtasun; o club fixo oficial a fichaxe do xogador navarro. O Ourense CF segue ao seu e acecha ao Compostela; o derbi no Espiñedo deixa un empate entre Arenteiro e UD Ourense.
Artigos, clasificados e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha