A consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), puxo en marcha a quinta edición do coworking de Celanova – A Limia, na que participan 20 iniciativas de emprendemento que recibirán formación, asesoramento e titoría á medida das súas necesidades durante os próximos cinco meses.
Nos proxectos participantes na quinta convocatoria do coworking de Celanova –con 21 emprendedores, 11 mulleres e 10 homes– inclúense diferentes sectores produtivos, como a agroalimentación, a artesanía sostible e a revalorización dos recursos do territorio; a moda especializada; e os servizos culturais, deportivos e de lecer, entre outros.
Pola súa banda, tamén se celebra un coworking do Ribeiro, centrado na promoción da agroalimentación, o turismo rural e a economía circular, acolle na súa primeira edición a 21 emprendedores, 12 mulleres e 9 homes.