Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior de Verín, recibiu na Casa do Concello ao tenente Calixto Espigó Varela, xefe do dispositivo de fronteiras responsable da unidade do Exercito de Terra que a partir de hoxe reforzará a seguridade da Fronteira con Portugal, en colaboración coa Garda Civil.
Rosario Rodriguez quixo agradecer ao Exército de Terra, en nome de todos os verineses e verinensas, «a gran colaboración que está a prestar o exercito para axudar a manter a orde durante o estado de alarma, co firme obxectivo de erradicar canto antes a pandemia do covid-19».
O batallón “Zamora” 1/29 do rexemento de infantería “Isabel la catolica” desprégase esta semana na localidades de Verín coa misión de proporcionar apoio á Garda Civil no control da fronteira con Portugal.
Algunhas actividades que se realizarán serán patrullaxes a pé e vehículo, postos nos pasos fronteirizos, e control de persoal e vehículos nalgunhas localidades. Todas elas, sempre en colaboración coa Garda Civil.