Ao ser a primeira edición, a federación convoca a todos os deportistas a participar, sen ter limites de idade ou grao. Quérese desta maneira conseguir que todos sexan participes desta iniciativa piloto para futuras convocatorias.
Ademais desta proposta, a federación entregou a Secretaría Xeral para o Deporte o seu protocolo de desescalada das medidas de seguridade tomadas nas últimas datas para a prevención do contaxio do COVID-19.
Mantendo os requirimentos exixidos polas autoridades, o Kungfu galego diseñou unha metodoloxía de adestramentos sen contacto para manter a seguridade e saude dos deportistas.
No 1º campionato virtual participarán os seguintes clubes de Ourense:
Escolas Deportivas Artai
Wushu Kungfu Club Ourense
Ximnasio Fitness Forma
Ximnasio Allartao
Pódese seguir o campionato nas distintas redes sociais:
https://www.instagram.com/p/B_sOAcEJGuX/?utm_source=ig_web_copy_link
https://www.facebook.com/111287283901711/posts/114167606947012/
https://twitter.com/fgKungFu/status/1256610529180819459?s=19
https://www.linkedin.com/feed/update/urn:li:activity:6662376527147208704