Luz ao final do túnel; é o título que leva a portada nesta ocasión en alusión á desescalada que se está a relizar despois do confinamento, durante algo máis de dous meses, ao que a cidadanía viuse obrigada. A causa é a pandemia mundial provocada polo COVID-19.
Entrevistamos a Mariano Arranz, de ArranzDental, quen nos fala das medidas adoptadas pola súa clínica para que, tanto pacientes coma traballadores, estean nas mellores condicións sanitarias posibles; o esforzo de ArranzDental nesta reapertura fixo modificar os protocolos de actuación.
A actualidade pasa polo COVID-19 e damos conta que na provincia de Ourense o número de casos positivos baixa dos 100. Ademais, o concello está ultimando medidas para paliar a crise económica que resultou desta crise sanitaria (axudas a autónomos, ampliación de terrazas, son algunhas delas). Pola súa banda en Verín, o concello suprime taxas a empresas e autónomos.
A Xunta de Galicia impulsa Mercaproximidade para o excedente de pataca; a iniciativa deu saída a máis de tres millóns de quilos de pataca da Limia. Allariz presentou o seu Plan de reactivación económica “Allariz 2020”. Os traballos de mellora no CEIP Curros Enríquez serán no verán.
Reapertura exemplar do Centro Comercial Ponte Vella, que abriu as súas portas blindado contra a Covid-19.
Chega a Verín o autocine; proxectarase no mes de xuño “María Solinha”, a última proposta do director Ignacio Vilar. Será no aparcadoiro central.
En deportes, Artai Ximnasia reabre as súas portas con todas as medidas sanitarias implantadas para realizar exercicio saudable e seguro. Pola súa banda, o Consello Municipal de Deportes traballa na reapertura das instalacións.
E non te perdas os artigos que nesta ocasión están asinados por Raquel Sertaje (quen nos explica a súa experiencia contra a COVID-19 desde Copenhague) e Óscar Blanco (quen nos fará reflexionar e traeranos a visión do Decrecemento). Ademais o humor de Vault tamén está presente neste número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha