Xa está aberta a venda de entradas para a proxección da película “María Solinha” de Ignacio Vilar, que se estreará no autocine de Verín o vindeiro domingo 21 de xuño. Devanditas entradas, que terán un prezo de 8 euros, estarán dispoñibles en ataquilla.com, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.
A entrada ao parking central de Verín realizarase pola entrada da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos. Os vehículos autorizados -que poden ir totalmente ocupados- son só automóviles e 4×4, quedando exluidas furgonetas e autocaravanas por motivos de visibilidade entre filas.
A gala de estrea precederá á proxección da película. Dende as 21.30 os actores e actrices e o director estarán presentes para realizar as sesións fotográficas co público, e a partir das 22.30 comezará a gala de inauguración. Ás 23:00 comezará a película propiamente dita.
A estrea mundial da última película do director galego Ignacio Vilar, «María Solinha», servirá para inagurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en candaseu coche. As entradas poranse á venda próximamente en ataquilla.com e
A recadación estará destinada íntegramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas ven realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria do Covid.
Menús autocine
Os hosteleiros de Verín servirán nesta sesión piloto os seus menús a través da app Rumbo Verín que teñen desenvolto cun servizo propio a domicilio. Dende ela, baixo reserva ou no momento, poderán solicitar o menú autocine ou acceder a carta completa que cada esablecimento teña na app, a través dun código Qr.
Os asistentes poderán realizar os seus pedidos á hostelería local durante todo o tempo. Dende o Concello de Verín lembran que non se poderá aparcar no parking central dende o sábado 20 de xuño, data en que quedará acotada a zona para o autocine.