Nesta ocasión a portada trae a un parque infantil con nenos xogando e co titular «A normalidade que non se pode perder». Despois do estado de alarma chega a nova normalidade; seguindo certas pautas poderemos convivir e non ter que retroceder cara as restriccións provocadas pola pandemia. En Ourense hai 22 casos activos aos que sumamos un positivo máis por COVID-19 nas últimas datas.
A tarxeta Xente Nova ca foi activada por 250 mozos; Barbadás e Ourense foron os concellos nos que máis se solicitou esta tarxeta. A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) terá lugar do 2 ao 15 de xullo de 2020, ano no que cumpre 25 edicións.
Comeza a campaña electoral en Galicia; as eleccións á Xunta son o 12 de xullo e nese momento saberase se Feijoo revalida a presidencia ou se unha alternativa de esquerdas ocupa o seu lugar. Conta atrás para demoler a estación de autobuses; os traballos comezarán unha vez concluídas as obras da nova terminal. As piscinas municipais de Oira abren o 29 de xuño e o fan con aforo limitado e pedindo cita previa.
Barbadás presenta unha programación de verán que irá do 2 de xullo ao 3 de setembro e terá o seu epicentro no parque dos Patos. Barbadás xa abriu parques, pistas deportivas e a pista de skate. A Deputación colabora coa Xunta de Galicia na prevención de incendios; a administración provincial utiliza o seu propio parque de maquinaria.
A Ludoteca de verán (de Verín) regresa un ano máis; xa está aberto o prazo para inscribirse. Realízanse catro actuacións simultáneas na sexta fase de rehumanización de Verín. Borja Salgado Sotelo (estudante do IES García Barbón) deixanos as súas reflexións.
En ocio e cultura, Ourense leva o ‘Verán Cultural’ fóra do Auditorio; haberá programación en xullo, agosto e setembro. A metade da vida” reestrease no OUFF cunha versión remasterizada.
En deportes, Os socios da UD Ourense esquivan a fusión; a asamblea do club explicou as dúbidas sobre a unión co Ourense CF. O Envialia quere o título de Liga; esta fin de semana coñecerase o campión de fútbol sala feminino. O primeiro rival das albinegras: o Alcorcón de Vanessa Sotelo. En caso de chegar á final, agarda o Burela.
Volven a deixarnos un día máis as rflexións de Óscar Blanco (sobre o Decrecemento); as vivencias de José Mateos Mariscal en Alemania; e as aventuras de Miguel A. Prieto “Chitin” na súa querida vila de Verín.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha