Están programadas máis de 60 nas fins de semana.

Actividades para todos en verán

Despois de ter que suspender as súas festas patronais, o Concello de Xinzo reinventouse para organizar (sempre con todas as medidas sanitarias e aforo reducido) unha ampla programación cultural e deportiva para os meses de xullo e agosto. Desde a pasada fin de semana, non haberá ningunha, nestes dous meses, que non conte con, alomenos, dous eventos, incluso haberá actividades algún venres.
Desde o Concello pretende que despois de ter vivido os que “posiblemente” foran “os peores meses das nosas vidas”, agora toca que este sexa “o mellor verán” para os veciños e veciñas de Xinzo de todas as idades despois do “sacrificio realizado” apuntan desde o Goberno local.

Programa
O programa vertébrase sobre catro piares.
O Verán Cultural traerá á vila alaricana música, monólogos, teatro, maxia, monicreques, humor.
O Xinzo Fit contará con clases gratuítas dirixidas a todas aquelas persoas que queiran facer deporte na Alameda do Toural. Os martes e os xoves as 19:30 e as 20:30 e os domingos pola mañá.
Durante a Semana do Esquecemento(do 17 ao 23 de agosto) realizaranse actividades relacionadas coa festa histórica -que foi suspendida- como son obradoiros, exposicións, desfiles, espectáculos, xogos populares e un xantar limitado a 250 persoas.
E tres serán os campamentos que poderán gozar os máis pequenos como é o Infantil que haberá un por quincena en xullo e agosto; a da Fundación Celta de Vigo, do 13 ao 17 de xullo; e Campus de Baloncesto Salva Arco (na semana do 2 ao 9 de agosto).