Presentaronse un total de 15 alumnos ourensáns

Novos Cinturons Negros para o Kungfu ourensán

Este venres, 10 de xullo, publicouse o acta dos exames de cinto negro de kungfu que celebraron o pasado sábado 4 de xullo, nas instalación do Ximnasio Artai “O Vinteún”. Neste evento foron avaliados practicantes de Kungfu moderno e tradicional.

Nesta convocatoria presentaronse un total de 15 alumnos ourensáns nos distintos graos de cinturón negro. Participaron desta convocatoria os clubes Artai e Fitness Forma da provincia.
Estes exames estiveron condicionados organizativamente polas medidas de seguridade actuais para os deportes de contacto, que a Secretaría Xeral para o Deporte recopilou nos últimos meses de maneira rigurosa e coparticipativa coa Federación Galega de Kungfu.

Os exames de Kungfu constan de unha gran variedade de contidos, tanto teóricos coma prácticos. As esixencias técnicas contan con multitude de desprazamentos, posicións, técnicas de golpeo e bloqueo… e as esixencias teóricas son examinadas polo tribunal de examen solicitando a descrición de valores, historia e fundamentos do kungfu.

O tribunal de exame desta convocatoria estivo formado por D. Jose Luis Rodríguez Acevedo (director técnico da federación), D. Alfonso López Dopazo (delegado de Ourense) e D. Aarón Blanco Pita (Vicepresidente da federación).

Os alumnos ourensanos que conseguiron a cualificación de APTO no exame foron:
Fitness Forma
Diego Gamote Silva CN Xuvenil
Lucía Cortizo Pérez 1º Nivel
Paula Cortizo Pérez 1º Nivel
Nicolás Rodríguez Diz 1º Nivel
Joel González Pozo 1º Nivel
Nerea González Rodríguez 2º Nivel

Artai
Andrea Alvarez Fernandez 1º Nivel
Duna Fernandez Joga 1º Nivel
Martín Fernandez Joga 1º Nivel
Gabriel Vazquez Rodriguez 1º Nivel
Pablo Valado Martínez 1º Nivel
Carlos Rodríguez Gardón 2º Nivel
Jacobo Rodríguez Naveira 2º Nivel
Carlos Cid Samamed 2º Nivel
Joaquín Pazos Ribao 3º Nivel
Mª Sonsoles Fabián García 5º Nivel

Faise especial mención no grado acadado por Dña. Sonsoles Fabián García, 5º nivel de Kungfu. Esta alumna/ profesora logra este recoñecemento despois de 38 anos de práctica e vinculación incondicional co seu clube ( Artai) e co Kungfu en todalas súas especialidades.
O tribunal de exame, na súa exposición final, felicitou a boa preparación dos examinandos e animounos a continuar na mesma dinámica de práctica e colaboración co Kungfu galego.