A comunidade está a traballar para posicionarse entre os destinos que dean máis confianza.

citar/mention: CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA/GIVEN UP BY TURISMO DE GALICIA

citar/mention: CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA/GIVEN UP BY TURISMO DE GALICIA

citar/mention: CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA/GIVEN UP BY TURISMO DE GALICIA

Galicia traballa para que este ano, tan complexo, como o que estamos a vivir siga posicionándose entre os mellores destinos e con máis garantías para os meses de verán. Un destino completo e seguro e, sobre todo, a complemetariedade dos nosos recursos turísticos é o que aprecian tradicionalmente os viaxeiros que nos visitan e mesmo os propios galegos que visitan outras zonas da comunidade.
A pandemia provocada pola COVID19 fixo que nas últimas semanas, adicándolle esforzo e compromiso por parte do sector, e de maneira especial traballárase na segurida de Galicia como destino. Neste sentido, a Xunta de Galicia acompaña con distintas medidas.

Plan de Reactivación
Co obxectivo de ofrecer solucións para xenerar liquidez no tecido empresarial e incetivar a actividade turística contouse co Plan de Reactivación do sector cultural e turístico desde o principio desta crise sanitaria e a instancias da Xunta e do sector. O orzamento deste plan ascende aos 58 millones de euros.
Galicia destino seguro é o nome do programa do Goberno autónomico que, cun investimento de 6 millóns, ofrece axudas para que os negocios turísticos adopten medidas de seguridade hixiénico-sanitarias. E tamén se destinan case 2 millóns de euros para deseñar novos produtos e experiencias, adaptar formatos, dar formación e dinamizar o sector, nun momento de enorme dificultade como no que nos atopamos. Todo isto, o que pretende é unha Galicia segura (para os viaxeiros que a elixan como destino) e que permita, á vez, ofrecer confianza para os propios galegos e traballadores do sector.
Vaise a impulsar, en accións concretas, a dixitalización, por exemplo, do turismo rural, cunha nova plataforma de comercialización para facilitar as reservas online que incentivarán as longas estancias neste tipo de establecementos regalando experiencias turísticas complementarias en xeodestinos ou cidades galegas. Tamén se vai a reforzar este ano o papel do turismo enogastronómico, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, así como o turismo MICE, incluíndo a creación dun estudio virtual que permitirá a realización de congresos de maneira mixta entre presencial e online.

Turismo familiar e tranquilo
Outra medida é a creación de produtos turísticos comercializables de entre 400 e 2.000 euros. Irán dirixidos ás familias que terán a vantaxe de poder pagar de maneira fraccionada e nun prazo de seis a 12 meses e sen coste adicional algún. O Xacobeo 2021 conta cunha gran importancia e por iso crearanse novos paquetes turísticos con motivo do ano santo. Foméntanse, deste xeito, as escapadas e experiencias centradas na enogastronomía, o termalismo, a naturaleza ou mesmo o patrimonio. Sempre apostando por enclaves estratéxicos como poden ser a Ribeira Sacra, a Mariña lucense, a Costa da Morte ou os diferentes camiños. Todo elo para favorecer a recuperación do turismo e a diversificación de fluxos.
Tamén se incentivará a actividade dos guías profesionais de turismo dinamizando as visitas de escolares ou colectivos, fomentando a creación de produtos que ofrezan percorridos e visitas virtuais á vez que se mellora a formación e adaptación dos profesionais con iniciativas como o novo programa «A historia a pé de rúa» ou «Volver respirar en Galicia».
Galicia, unha vez máis, abre as súas portas, con todas estas ferramentas, ao turismo, coma sempre, con moitas ganas e totalmente preparada sen esquecerse e tendo moi presente a tradicional fidelidade dos viaxeiros que elixen Galicia. Non é casualidade que o 99,4% afirme que repetiría a súa visita e unha porcentaxe moi similar recomenda a outras persoas que coñecan a nosa comunidade.
Conta cunha ampla oferta de lecer e capacidade de aloxamento como os seus máis de 5.600 restaurantes, preto de 150.000 camas en establecementos regulados con máis de 900 hoteis e máis de 500 casas de turismo rural que se caracterizan polo seu afán de mellora. De feito, máis da metade dos aloxamentos rurais existentes en España que contan coa Q de Calidade están en Galicia.
Os seus máis de 90 museos, 742 Bens de Interese Cultural, os seus máis de 3.100 castros catalogados ou mesmo máis de 9.100 hórreos catalogados e preto de 5.000 cruceiros e máis de 1.100 pazos son outros dos numerosos recursos patrimoniais por descubrir este ano.
En definitiva, Galicia agarda a todos os que a queiran descubrir cos brazos abertos e as medidas hixiénico sanitarias máis esixentes para sentirse seguro, como na casa.

Camiño Seguro
Non podemos esquecernos do Camiño de Santiago cuxos elementos son moi importantes para o noso turismo.
O Camiño regresa coa intención de ofrecer a máxima seguridade aos peregrinos. Da man do programa Camiño Seguro, promóvese unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria a través dun protocolo integral nos itinerarios xacobeos e inclúe medidas como limitacións de aforamento de entre o 50 e o 75% nos albergues, elaboración de guías e manuais de apoio, formación para máis de 300 albergueros, axudas para a adaptación dos establecementos ás medidas hixiénico-sanitarias, un servizo de asesoramento aos negocios ou un novo sistema de reservas online.
Galicia e o Camiño de Santiago volven cos valores que sempre nos fixeron grandes e que agora son máis importantes que nunca. Tentando mellorar a calidade de vida dos galegos, creando emprego, diversificando a economía e, sobre todo, ofrecendo a posibilidade de seguir gozando dun turismo tranquilo e hospitalario, dun turismo que busca o contacto co territorio, tan necesario nestes días.